A FINALIDADE DESTE BLOG
A finalidade deste blog é a de superar con éxito os exercicios encargados na asignatura do profesor Eulogio Pernas: INTERVENCIÓN EDUCATIVA COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL.
Se non me equivoco a idea é a de construir un BLOG "activo" onde ir comentando os traballos da asignatura e por suposto todo o que se nos ocurra.
Eu tratarei de ir volcando os traballos asi como calquera comentario que se me ocurra nesta asignatura ou noutras. Pretendo tamen que este blog se convirta nunha verdadeira bitácora do meu paso (que espero breve) pola facultade.
Se me animo e o lector o permite, irei comentando aqueles aspectos que me parecen interesantes da miña profesión de educador social ou os proxectos que teñan que ver coa pedagoxía.
Quedades todos convocados a participar conmigo desta experiencia. Comprométome a colgar todas as semanas algunha novidade.
Saudos
0 comentarios