RECUPERAR A ARTE DA CONVERSA
Non me vou poñer "platónico" pero non estaría de máis recuperar o arte da conversa como principal instrumento didáctico na ensinanza universitaria.
Claro que para conversar hai que saber escoitar (aprender) e ter de que falar (ensinar) e ademáis de todo iso hai que saber pensar.
E digo esto porque onte tiven unha magnífica conversa, de ti a ti, con maestro e sen embargo profesor universitario Antón Costa. Ver a un profesor ilusionado co seu traballo é o mellor aliciente para un alumno-aprendiz coma eu. Sei que da pedagoxía non se poderá vivir pero seguro que a vida é algo máis que gañar cartiños. Chegar a ser un maestro é a vocación que persigo realizar.
En fin, que é moi importante falar sen medo, sen distancias, tratando de arender e mostrando o que un é.
Grazas Don Antón.