Blogia
AS COUSAS DE CARLOS VARELA

A PROFESIÓN DE EDUCAR

A PROFESIÓN DE EDUCAR

Empezo con esta serei de comentarios a reflexión sobre o que para min supón o feito de "EDUCAR".

Fai anos, case 20, que a preocupación pola educación é unha constante na miña vida, ata o punto de configurar moito do meu carácter.

¿QUE É EDUCAR?

Alonxado da idea dunha definición "académica" para min a EDUCACIÓN ven sendo o ARTE da transmisión da CULTURA. Esta definición váleme moito pois enmarca o que eu penso que debe ser a educación entendida en todos os contextos posibles. O trinomio EDUCACIÓN-ARTE-CULTURA desencadea unha serie de reflexións poliédricas de distinta complexidade.

¿POR QUÉ EDUCAR?

Para min  EDUCAR ten a importancia por entender que debe ser o instrumento para cambiar o mundo, que a min non me vai tocar vivir. Agora que teño un fillo cobra especial interese este pensamento, pois doume conta, ou mellor vivencio, o esforzo impagable que os nosos pais e nais, co seu amor e a súa xenerosidade, fixeron por nós e agora tócame a min devolver e se pode ser aumentado ese esforzo.

Sobre ambos temas tratarei de ir reflexionando neste blog. Por suposto que o que vou aprendendo das asignaturas axuda, ben negando determinadas teses, ben corroborando ou reafirmandome nas miñas posturas.

Un pedagogo que me axuda a reflexionar (e pertence ó mundo actual) e Francesco Tonucci (FRATO). Invítovos a que o busquedes na web, seguro que atopades pequenos tesouros pedagóxicos.

COMO SEMPRE QUEDO ABERTO A CALQUERA COMENTARIO.

0 comentarios