Blogia
AS COUSAS DE CARLOS VARELA

COUSAS PROFESIONAIS

A OPORTUNIDADE DE EDUCAR

A OPORTUNIDADE DE EDUCAR

Teño que recoñecer que a miña arribada á PEDAGOXÍA ven motivada pola intensa experiencia que desde distintos campos da profesión educadora vin desenvolvendo desde 1990.

Sempre quixen estudar pedagoxía, pero por unhas cousas ou outras nunca tiven a oportunidade. Agora, aínda que me custa bastante centrarme estou moi motivado para a consecución dos obxectivos docentes propostos.

A modo de inventario, máis adiante desenvolverei algunha das experiencias, tiven a oportunidade de prestar os meus servicios nas seguintes ámbitos:

- SCOUTS DE GALICIA. ONG adicada á formación cívica dos mozos e mozas galegos desde o proxecto educativo scout. Nos scouts fun EDUCADOR DUN GRUPO SCOUT, DIRECTOR DE PROGRAMAS EDUCATIVOS, durante moitos anos, FORMADOR DA ESCOLA SCOUT DE TEMPO LIBRE, da que tamen fun o seu DIRECTOR, e últimamente fun FORMADOR DE FORMADORES, entre outras responsabilidades.

- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA, onde diseñei e puxen en funcionamento proxectos como o PLAN DE APOIO VECIÑAL, o PLAN DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL, INTEREA, entre outros e sempre tratando de intorducir nos programas xa institucionalizados, innovacións que os achegasen máis ós cidadáns.

A experiencia formativa en distintos ámbitos é a que máis me satisfizo, sen desbotar o deseño de materiais formativos para moitos cursos e xornadas.

Algún día desenvolverei aspectos desas experiencias. Ti que les este blog podes, si queres, indicar algunha preferencia para contar as "batallitas".

 

A PROFESIÓN DE EDUCAR

A PROFESIÓN DE EDUCAR

Empezo con esta serei de comentarios a reflexión sobre o que para min supón o feito de "EDUCAR".

Fai anos, case 20, que a preocupación pola educación é unha constante na miña vida, ata o punto de configurar moito do meu carácter.

¿QUE É EDUCAR?

Alonxado da idea dunha definición "académica" para min a EDUCACIÓN ven sendo o ARTE da transmisión da CULTURA. Esta definición váleme moito pois enmarca o que eu penso que debe ser a educación entendida en todos os contextos posibles. O trinomio EDUCACIÓN-ARTE-CULTURA desencadea unha serie de reflexións poliédricas de distinta complexidade.

¿POR QUÉ EDUCAR?

Para min  EDUCAR ten a importancia por entender que debe ser o instrumento para cambiar o mundo, que a min non me vai tocar vivir. Agora que teño un fillo cobra especial interese este pensamento, pois doume conta, ou mellor vivencio, o esforzo impagable que os nosos pais e nais, co seu amor e a súa xenerosidade, fixeron por nós e agora tócame a min devolver e se pode ser aumentado ese esforzo.

Sobre ambos temas tratarei de ir reflexionando neste blog. Por suposto que o que vou aprendendo das asignaturas axuda, ben negando determinadas teses, ben corroborando ou reafirmandome nas miñas posturas.

Un pedagogo que me axuda a reflexionar (e pertence ó mundo actual) e Francesco Tonucci (FRATO). Invítovos a que o busquedes na web, seguro que atopades pequenos tesouros pedagóxicos.

COMO SEMPRE QUEDO ABERTO A CALQUERA COMENTARIO.